Boiro comeza setembro con grandes festas nas parroquias: o Carmen de Abanqueiro, as Festas da Santa María do Castro e o Encontro Tradicional de San Roque

03 Setembro 2026

O concello de Boiro vai acoller unha manchea de actividades festivas neste comezo de setembro: un importante número de citas culturais e relixiosas en distintas parroquias organizadas polas comisións de festas.

Durante a fin de semana primeira de setembro celebraranse en Boiro as Festas do Carme de Abanqueiro, que serán os días 4, 5 e 6 de setembro no Bodión con actuacións musicais e a tradicional procesión marítima que está programada para o domingo día 6.

Tamén haberá na fin de semana festa no Castro coa celebración dos festexos na honra da Nosa Señora do Castro. Haberá actividade para todos os públicos os días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. Xunto coas Festas do Castro, no Cabo da Cruz terá lugar o 5º encontro de embarcacións tradicionais Mar de Cabo.

O sábado 5 de setembro terá lugar tamén no Campo de San Roque unha nova edición do Encontro Tradicional de San Roque, en Cespón, que inclúe (entre outras moitas cousas) música e baile tradicionais galegos, un mercado de artesanía, gastronomía, xogos tradicionais e obradoiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.