A praia da Retorta será escenario este sábado do Campionato Galego de Remo de Mar

09 Setembro 2026

A praia da Retorta será escenario por primeira vez o vindeiro sábado 12 de setembro do Campionato de Remo de Mar organizado polo Club de Remo Cabo da Cruz e a Federación Galega de Remo coa colaboración do Concello de Boiro.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Ramón Dieste, do Club de Remo; e Gustavo Vázquez, membro da Federación Galega de Remo.

“Trátase dunha modalidade novidosa que está a coller moita sona e pola que queremos apostar dende o Club de Remo”, afirmou Ramón. Compítese en C1, C2 e C3; embarcacións de un, dous e catro tripulantes en todas as categorías, dende alevín ata veteranos e absoluto masculino.

O campo da regata será de 3.000 metros para todas as categorías, agás nas categorías de promoción que será de 900 metros. “Está previsto que participen máis de 300 deportistas nas distintas modalidades de individuais, dobre e de catro”, afirmou Gustavo.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou á veciñanza a presenciar esta proba “que vai ser olímpica e se celebra aquí en Boiro nun entorno inmellorábel como é a praia da Retorta” e agradeceu ao Club de Remo e á Federación a súa implicación e “por contar con Boiro para celebrar probas coma esta”.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.