A LXV Milla Urbana Nocturna e o Open Integrado de Tenis de Mesa protagonizan a xornada deportiva da Pobra no 18 de setembro

11 Setembro 2026

O deporte marcará o inicio das festas do Nazareno na Pobra do Caramiñal o venres 18 de setembro coa celebración de dúas citas: a LXV Milla Urbana Nocturna e o Open Integrado de Tenis de Mesa. Unha xornada coa que se busca fomentar a práctica deportiva e favorecer a participación de persoas de diferentes idades.

Organizada polo Concello xunto á Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, a Milla Urbana Nocturna regresa un ano máis como un clásico da programación anual, aberto á participación de persoas de todas as idades. A proba abrangue categorías desde sub-6 ata máster.

Desde as 21.50 horas sucederanse as saídas nas inmediacións dos xardíns de Valle-Inclán, que tamén servirán como liña de meta.

Unha vez finalizadas as carreiras, entregaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría e medallas aos nenos e nenas que compitan en sub-6 e sub-8. Tamén se concederán premios económicos aos corredores e corredoras que acaden os tres mellores tempos das distintas carreiras: 150 euros para o primeiro posto, 100 para o segundo e 50 para o terceiro.

Quen desexe participar pode anotarse presencialmente no Departamento de Deportes, en horario de 9.30 a 14.30 horas, ou a través dos teléfonos 981 831 545 e 619 229 946.

Pola mañá será a quenda do Open Integrado de Tenis de Mesa, que se disputará no polideportivo de Venecia a partir das 10.30 horas. Organizado pola Agrupación Deportiva Costa Oeste-Deporte Adaptado (ADECO-DEA), conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e establece tres categorías: menores de 14 anos, sénior -maiores de 14 anos- e persoas con discapacidade.

Para participar no Open, as inscricións poden formalizarse a través do correo electrónico adeco.dea@gmail.com ou no propio polideportivo antes das 10.30 horas.

Desde o Concello considérase que non hai mellor maneira de comezar as festas do Nazareno que dando protagonismo ao deporte e promovendo a participación de diferentes xeracións. A institución municipal agradece o traballo e a colaboración de todas as persoas e entidades implicadas para facer posibles ambas as citas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.