Non se agardan cambios significativos para o xoves, con Galicia na influencia das altas presións e cunha masa de aire cálido en superficie. Con esta situación agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados na metade sur e con brétemas e nubes baixas na metade norte e nas Rías Baixas nas primeiras e derradeiras horas do día, con apertura de grandes claros ao mediodía. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso na metade norte e seguirán sendo moi cálidas no sur (máximas 32 a 34 graos). O vento soprará frouxo do norte-nordés, con intervalos de moderado pola tarde nas Rías Baixas.

O noso mar:Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.



