Ribeira rende homenaxe á Virxe do Carme e aos mariñeiros que perderon a vida no mar

02 Agosto 2026

Este sábado 1 de agosto celebráronse en Ribeira, coincidindo co día grande das Festas do Verán, os actos na honra da Virxe do Carme, que incluíron a tradicional misa solemne no porto e máis a procesión marítima que partiu desde a Lonxa nova cara a entrada da ría (as inmediacións do Sinal) e tivo o seu momento máis emotivo co lanzamento dunha coroa en homenaxe aos que perderon a vida no mar.

Nos actos, ateigados de veciños de Santa Uxía e de todas as parroquias do termo municipal participaron (entre outras/os) o párroco Alfonso Mera, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, os patróns maiores das Confrarías de Pescadores de Ribeira, Aguiño e Palmeira, José Antonio Pérez Sieira, José Antonio Santamaría e Miguel A. Franco (respectivamente), e a alcaldesa María Sampedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.