Padrón pon en marcha unha campaña especial de limpeza e desinfección en profundidade

12 Agosto 2026

O Concello de Padrón iniciou este mércores unha campaña especial de limpeza e desinfección en profundidade das rúas do casco urbano, unha actuación destinada a reforzar o mantemento e a posta a punto da vila.

Fontes do Concello explicaron que a intervención “lévase a cabo unha vez finalizados uns meses marcados por unha intensa actividade festiva, que trouxo consigo unha elevada afluencia de persoas e un maior uso dos espazos públicos”. Neste contexto, dende a Administración local consideran “necesaria” unha actuación específica que permita realizar unha limpeza máis exhaustiva das rúas e das beirarrúas.

A campaña, executada pola empresa FCC, terá unha duración aproximada de dez días e contará cun dispositivo formado por tres operarios especializados, ademais de medios mecánicos específicos para este tipo de actuacións como son unha máquina lava-beirarrúas, unha máquina decapadora e un prato decapador.

Os traballos xa están en marcha e irán avanzando progresivamente polas diferentes rúas do casco urbano. Para facilitar a correcta execución das tarefas, darase aviso aos establecementos das zonas nas que se vaia actuar para que retiren temporalmente terrazas, toldos e outros elementos instalados ou depositados na vía pública.

O Concello de Padrón agradece de antemán “a colaboración dos negocios e da veciñanza durante o desenvolvemento das actuacións, necesarias para que os equipos poidan acceder aos diferentes espazos e efectuar unha limpeza en profundidade”.

Segundo destaca o alcalde, Anxo Arca, esta nova campaña especial “evidencia o compromiso do Concello por manter un pobo máis limpo e habitable empregando medios especializados, modernos e eficientes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.