O programa Noia na Noite encherá o centro histórico de música, teatro infantil, visitas guiadas, actividades comerciais e museos abertos

04 Agosto 2026

Este sábado 8 de agosto será un sábado especial en Noia: unha noite de actividades culturais e de lecer que permitirán a veciños e visitantes desfrutar ao máximo do rico patrimonio do centro histórico. Estamos a falar da actividade Noia na Noite, que, en palabras da Área de Cultura do Concello, “xorde para convidarnos a mirar a nosa vila doutra maneira: con máis calma, con curiosidade e deixando que cada recuncho nos sorprenda”.

O programa comeza polo serán, ás 20.30 horas, con teatro infantil de ÑiquiÑaque no Campo da Feira.

Ás 21.00 haberá un concerto na praza do Curro con Sara & Majos.

Ás 23.00 horas celebrarase unha visita teatralizada polo centro histórico de Noia con Serafín Marcos.

Ás 23.15 celebrarase outro concerto, desta volta na rúa da Peregrina, a cargo de Glasgow 15.

Ademais, ata as 21.15 a asociación empresarial Noia Histórica e os seus establecementos ofrecerán organizarán un gran evento comercial na Alameda.

Ás 0.00 celebrarase unha Noite de Velas no claustro do Concello, na praza dos Franciscanos e en Santa María A Nova.

De xeito paralelo desenvolverase unha xornada de portas abertas ata a medianoite (dende as 21.30) nos museos locais: o Museo do Mar e o Museo das Laudas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.