O Mago Teto estará este mércores en Boiro rendendo homenaxe ao rock galego dos anos 80 e 90

25 Agosto 2026

As escaleiras da Cachada, no parque boirense do mesmo nome, vai acoller este mércores 26 de agosto unha nova función máxico-musical do Mago Teto: Galerock n’ magic, un espectáculo do Mago Teto para público infantil e familiar.

A cita será de entrada libre ás 20.30 horas.

GaleRock’N’Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Trátase dunha viaxedesde o rock galego dos 80 e 90 de Siniestro Total ou Los Suaves ata o do século XXI pasando polo bravú.

Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas.

Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.

Ficha artística

Elenco espectáculo: Mago Teto

Dirección: Fran Rei

Duración minutos: 70min

Guitarra eléctrica e voces: Mr. Cool

Baterista: Fer Risco

Técnico de iluminación e son: Javier Adán Ayude “Beca”

Audiovisual: Granero Vídeo

Deseño gráfico: Carla Piñeiro “Labluetattoo”

Fotografía: María Simon

Idea orixinal: Héctor Guerra

Composición e arranxos musicais: Ramón Orencio

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.