O espectáculo circense “Abracadaver” recala este martes en Boiro

24 Agosto 2026

A contorna de praia Xardin, no Edificio das Colonias de Boiro, vai dar acollida este martes 25 de agosto á función familiar Abracadaver, un espectáculo clown de As Sircópatas para público infantil e familiar.

Dará comezo ás 12.00 horas.

Abracadaver é un espectáculo de circo terrorificamente divertido, en palabras do seus creadores “unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos, unha oportunidade para vivir a experiencia do teatro en familia”.

En definitiva, trátase dun show de rúa para todos os públicos que nos pon na pel de Rogelio, personaxe de ficción ao que dá vida o actor Dani Blanco e que nos vai demostrar as súas completas habilidades en materia de clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.