O Concello de Ribeira activa unha nova edición do programa de dinamización das persoas maiores

28 Agosto 2026

A maiores do curso escolar convencional, o Concello de Ribeira prepara tamén a volta ás aulas das persoas maiores cunha nova edición do programa de
dinamización e promoción social con oito obradoiros para manterse activo a nivel mental e físico. O novo curso estenderase dende o 5 de outubro de 2026 ata
mediados de xuño de 2027, “sendo esta a primeira vez que ten unha duración tan ampla”, informou o Concello, engadindo que as accións a impartir son estimulación da mente-memoria, en tódalas parroquias; enriquecemento educativo, en Ribeira e Aguiño; lingua e cultura galega, en Ribeira; conversa en inglés, en Ribeira; artes plásticas, en Ribeira e Aguiño, co proxecto artístico Ayaso & Picasso & Xacobeo 2027, rematando cunha exposición bianual; taek-health, en Aguiño e con dous grupos en Ribeira; ximnasia adaptada, en tódalas parroquias; e cantares e tradicións, no centro social de Carreira.

“Activamos as clases para os nosos maiores cunha edición que trae novidades como ser a de maior duración de tódalas edicións previas, incrementamos 15 minutos a duración de cada grupo das conversas en inglés, temos o taek-health como programa pioneiro a nivel nacional e incorporamos á oferta os cantares e tradicións. Unha serie de talleres para estimular mente e corpo que cada ano medra en número de participantes, acadando o medio milleiro de persoas inscritas no pasado curso”, informou concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, acompañado da coordinadora da área, Francisca Vidal.

O edil quixo tamén agradecer ao Liceo Marítimo, o Centro Recreativo de Artes e a Comunidade de Montes de Olveira pola cesión gratuíta das súas instalacións. A isto engadiu que “a maiores, contaremos con saídas culturais, así que a aprendizaxe non se limitará ás aulas”.

As persoas destinatarias son aquelas pensionistas do Sistema da Seguridade Social con 60 anos cumpridos ou máis idade, e empadroadas en Ribeira.
Os obxectivos específicos do programa son promover o envellecemento activo; evitar o sedentarismo, illamento e pasividade; fomentar a participación de grupo e relacións interpersoais da poboación maior de 60 anos do municipio; ampliar a oferta de ocupación do tempo de ocio; aumentar a frecuencia das actividades positivas co colectivo de maiores; motivar as persoas maiores en accións comunitarias; e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

As actividades son gratuítas e o período de preinscrición comeza no 1 de setembro, de maneira presencial en Servizos Sociais Comunitarios ou de maneira telemática.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.