O cinema de rúa volve esta semana ás parroquias de Louro e Tal con dúas sesións gratuítas para toda a familia

04 Agosto 2026

O Concello de Muros continúa ampliando a súa programación cultural de verán coa celebración de dúas novas sesións de cine de rúa, unha proposta pensada para achegar o cinema ao aire libre ás parroquias do municipio e ofrecer alternativas de lecer para toda a familia.

As proxeccións forman parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña e terán lugar en Louro e Tal, con acceso libre e cadeiras habilitadas para o público asistente.

A primeira cita será o mércores 5 de agosto, ás 22:30 horas, no lugar de San Francisco (Louro), coa proxección de Buffalo Kids, unha película de animación que narra a aventura de dous irmáns que emprenden unha viaxe polo Oeste americano, descubrindo valores como a amizade, a superación e o traballo en equipo.

Ao día seguinte, o xoves 6 de agosto, tamén ás 22:30 horas, o cine de verán chegará a Cabanas (Tal) coa proxección de A galiña Turuleca, unha divertida historia protagonizada por unha galiña moi especial que transmite mensaxes de ilusión, confianza e amizade a través dunha proposta chea de humor e música.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “o cine de rúa permite levar a programación cultural a diferentes espazos do municipio, favorecendo que veciñanza e visitantes poidan desfrutar de actividades gratuítas ao aire libre durante o verán”. A edil sinalou ademais que “estas sesións están pensadas para compartir en familia e converter os espazos públicos en lugares de encontro arredor da cultura”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.