O Concello de Muros vai instalar na vila unha pantalla xigante para que veciños e visitantes poidan desfrutar da participación muradá no popular concurso estival Grand Prix de RTVE. Será o próximo luns, 17 de agosto, coincidindo coa participación do programa. Toda a veciñanza de Muros poderá seguilo en directo nunha pantalla xigante na praza do Mercado desde as 21:30 horas. O Concello lanzou un convite aos veciños e veciños para “vir, xuntarse, rir, animar e pasar un bo rato vendo ao equipo de Muros”.
Na cita deste luns 17 de agosto, Muros enfrontarase a Blanca (Murcia).
Segundo avanzaron medios como El Correo Gallego, o padriño de Muros será o músico Mario Vaquerizo.
Por motivo da instalación desta pantalla xigante, estará cortada o tráfico a rúa Axesta ata o Mercado, máis a baixada do Mercado, dende as 14:00 horas do luns 17 ata o remate da emisión do programa.





