Os Concellos de Muros e Carnota, a través da Mancomunidade de Augas Muros-Carnota, veñen de adoptar de forma conxunta unha serie de medidas
preventivas ante a situación de prealerta por escaseza de auga declarada pola Xunta de Galicia. Ambos concellos comparten de feito o mesmo sistema de abastecemento e, por iso, “coidar a auga é unha responsabilidade compartida”, sinalan dende os dous consistorios.

Medidas
-Suspéndese o uso das duchas das praias.
-Recoméndase non encher nin repoñer piscinas, salvo o estritamente necesario para garantir as condicións hixiénico-sanitarias.
-Evitarase regar xardíns, parques, zonas verdes e espazos ornamentais con auga da rede.
-Reducirase os baldeos e limpezas viarias con auga para consumo doméstico, mantendo unicamente aqueles que sexan necesarios por razóns de seguridade, salubridade ou hixiene.
-Limitaranse os usos ornamentais da auga que non sexan imprescindíbeis.
O dous concellos solicitan tamén a colaboración de toda a veciñanza, porque, indican, “pequenos xestos diarios poden supoñer un importante aforro de auga”.
E engaden: “Non estamos ante unha situación de desabastecemento, pero si é o momento de anticiparnos. O obxectivo é preservar as reservas e garantir o
abastecemento para os usos realmente necesarios”.



