Morre un home logo de caer co coche ao río Tambre

29 Agosto 2026

O condutor dun vehículo faleceu tras caer co coche ao río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Berdía, en Santiago de Compostela.

Un particular avisou o 112 Galicia ás 14:55 horas, e informou de que un vehículo caera ao río e de que podía haber polo menos unha persoa no seu interior.

Solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e da Garda Civil, así como de Protección Civil.

Poucos minutos despois, o particular volveu contactar co 112 Galicia para comunicar que conseguiran sacar o home, veciño da zona, do interior do vehículo e que, aparentemente, podería estar falecido.

Finalmente, o persoal sanitario desprazado ata o lugar confirmou o falecemento do condutor, duns 70 anos, que era o único ocupante do vehículo.

Estase a investigar a causa do suceso.

TVG

Outros artigos

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.