José González loa o traballo de ADISBISMUR pola inclusión laboral

11 Agosto 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as oportunidades laborais que xera na comarca.

Durante a visita, acompañado polo alcalde Francisco Calo, o conselleiro puxo en valor a traxectoria da entidade inclusiva, que leva máis de 40 anos traballando pola autonomía e a integración das persoas con discapacidade e das súas familias (e ofrecendo servizos de atención, información, asesoramento e acompañamento, ao tempo que promove a formación e o acceso ao emprego, facilitando que as persoas con discapacidade poidan desenvolver un proxecto profesional e participar activamente na sociedade).

O conselleiro puxo en valor, ademais, que ADISBISMUR estea integrada na Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) e destacou o papel que xogan os Centros Especiais de Emprego como “unha peza clave da economía social, ao combinar a creación de emprego inclusivo coa xeración de oportunidades reais para as persoas con discapacidade e para os colectivos con maiores dificultades de inserción”.

Neste sentido, lembrou que están plenamente integrados no tecido produtivo galego e que permiten que miles de persoas con discapacidade atopen no emprego unha vía para gañar autonomía, estabilidade e participación plena na sociedade, dando resposta ademais as demandas do territorio en sectores como as artes gráficas, a alimentación, a artesanía ou o transporte, entre outros moitos.


González lembrou que a Xunta destina este ano máis de 45 M€ ao impulso da economía social, dos que 27 M€ corresponden á orde de axudas aos centros especiais de emprego. Estas achegas permitirán manter arredor de 6.600 contratacións de persoas con discapacidade, crear novos empregos estables, adaptar postos de traballo e reforzar as unidades de apoio profesional, especialmente relevantes para as persoas con maiores dificultades de inserción.

Esta liña de apoios complétase con outras medidas, como a formación dual para persoas con discapacidade intelectual, que facilita a obtención dun certificado de profesionalidade e a adquisición de experiencia mediante un contrato de formación en alternancia. Esta iniciativa conta con 6 M€ para o período 2024-2027.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.