Fabiola García visita as obras noda nova residencia para persoas con discapacidade de Outes

01 Agosto 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Outes, Francisco Calo, e do presidente da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR), Ramón Sestayo, visitou este sábado 1 de agosto as obras da que será a nova residencia para persoas con discapacidade de Outes, na que a Xunta inviste 2 millóns de euros e que será xestionada pola entidade social.

Durante o acto, Fabiola García destacou que este investimento do Goberno galego está permitindo transformar o antigo colexio do Cruceiro de Roo, cedido polo Concello de Outes, nun centro residencial que contará con 24 prazas. Ademais, puxo en valor a traxectoria da entidade social, “con máis de 40 anos axudando a sentar as bases do que hoxe é a atención ás persoas con discapacidade”.

A futura residencia completará a rede de servizos de ADISBISMUR da que xa forman parte un centro ocupacional, con capacidade para medio cento de usuarios, e un centro de día que presta atención a unha vintena de persoas. Nestes centros a Xunta financia 49 prazas, ás que destina 720.000 euros anuais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.