Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

14 Agosto 2026

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de Chocolate Disco Móbil.

A troula proseguirá ao día seguinte, 15 de agosto, día adicado á Nosa Señora, que arrincará con dianas e alboradas a cargo de Os Jaitas Blue. Ás 13h haberá misa solemne con procesión. Ao mediodía (dende as 12 ata as 14h) e pola tarde (dende as 18 ata as 20h) permanecerá aberta unha exposición de bordada da artesana María del Mar Melero. Ás 13h haberá unha sesión vermú con DJ Vane.

O domingo 16, adicado a San Roque, volverá abrir a exposición de María del Mar Melero co mesmo horario e ás 13h celebrarase unha misa solemne con procesión. Haberá unha sesión vermú con Os Jaitas Blue e antes de comer e pola tarde celebrarase o III Torneo de Chave por parellas. O xantar inclúe unha gran churrascada e con polbo.

O luns 17 (na honra da Virxe do Carme) será a última oportunidade para ver a exposición de bordado de María del Mar Melero. Logo da misa con procesión das 13h volverán actuar Os Jaitas Blue.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.