Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Lesende

15 Agosto 2026

A Consellería do Medio Rural informou na mañá deste 15 de agosto de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Lesende, está estabilizado dende as 08,43 horas de hoxe.

Este lume comezou o venres ás 17,32 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 15 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.