Comeza a conta atrás para o inicio da XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz

13 Agosto 2026

Cabo de Cruz vai reivindicar esta fin de semana un dos seus produtos estrela: o mexillón. Farao coa XVIII edición da Exaltación do Mexillón, que se celebra ao longo de tres días, dende o venres 14 ata o domingo 16, e que vén cun programa completo de actividades gastronómicas, culturais e lúdicas. A festa conta coa colaboración do Concello.

As actividades comezan o venres 14 cunha novidade, o pregón a cargo de Gerardo Triñanes, e continuarán cun espectáculo de circo para rapazada, a degustación do mexillón en tres variedades e o concerto de Luis Fercán.

O sábado as actividades comezan pola mañá, ás 11.30 horas, cunha charla sobre Desafíos e oportunidades para o cultivo do mexillón impartida polo investigador do CIIMAR, Sergio Fernández Boo; e cunha demostración de Alberto Lareo.

Haberá sesión vermú coa actuación de Xoubas e degustación de tapas elaboradas a base de mexillón. Xa pola tarde, a partir das 20.30 horas haberá un showcooking de Iago Pazo; degustación de marmitako de mexillóns e mexillóns ao vapor e actuación de musical de Versionettes.

O domingo 16 será o día grande co menú degustación en catro elaboracións da XVIII Exaltación do Mexillón que mestura elaboracións tradicionais con outras máis innovadoras e actuación do grupo O Ar de Loureda.

Para contribuír á promoción do mexillón durante toda a semana o Concello de Boiro adquire mais de 3.000 quilos de mexillóns para repartir nos locais hostaleiros de Boiro e que, durante toda a semana, sirvan tapas de mexillón gratuítas en distintas elaboracións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.