Chamamento á doazón de sangue dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo, e pídese a colaboración da cidadanía

19 Agosto 2026

Estes grupos sanguíneos amosan niveis baixos, especialmente este último, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas,

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo, A Negativo, 0 Positivo e 0 Negativo.

As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias ao longo de todo o ano.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

DATACONCELLOS
Mércores 19 de agostoOrtigueira, A Laracha, Os Mallos (A Coruña), Negreira, Praza Roxa (Santiago), Zona da Ferraría (Pontevedra), Nigrán, Rúa Príncipe (Vigo), Praza Maior (Lugo), Ribadavia.
Xoves 20 de agostoSan Sadurniño, Cambre, Cantón-Obelisco, Santa Comba, Ribeira, Vilalonga (Sanxenxo), Salvaterra do Miño, Chapela (Redondela), Monforte de Lemos, Pobra de Trives.
Venres 21 de agostoCariño, Sada, Coristanco, Boiro, O Pino, A Estrada, Tui, Balaídos, Vilalba (Lugo), Xinzo de Limia.
Sábado 22 de agostoOrdes, Boiro, A Estrada, Tui, Vilalba (Lugo).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.