Ceos despexados e máximas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago

17 Agosto 2026

Aviso amarelo por temperatura alta. Martes 18, Santa Helena, xornada con entrada de vento do nordés manterá o tempo seco e soleado, con valores térmicos elevados no centro e sur de Galicia.

A estabilidade atmosférica marcará a xornada nas Rías Baixas e na contorna de Santiago de Compostela grazas á consolidación da influencia anticiclónica, combinada cunha circulación de ventos do nordés e a entrada progresiva dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores.

Este escenario meteorolóxico garantirá unha xornada de ceos predominantemente despexados ou con moi poucas nubes na franxa atlántica sur e no centro da comunidade, a diferenza do extremo norte, onde a nubosidade será máis persistente.

Temperaturas e vento

  • Termómetros en subida: mentres as temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos, as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os rexistros diúrnos serán especialmente elevados na metade sur e no litoral das Rías Baixas.(38 graos na costa e 32 no interior de Compostela
  • Réxime de ventos: soprarán de compoñente norte-nordés con intensidade moderada en xeral, acadando refachos fortes no litoral aberto entre Bares e Fisterra.
  • Instabilidade residual: a probabilidade de chuvascos de carácter treboento queda practicamente descartada na franxa costeira e en Compostela, quedando circunscrita de xeito moi illado ao sueste galego.
meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.