Bealo celebra con mancheas de actividades as súas tradicionais festas de San Ramón

29 Agosto 2026

Bealo celebra entre o 30 de agosto e o 6 de setembro as súas Festas de San Ramón coa tradicional Romaría con máis de 260 anos de historia. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa das festas xunto con membros da comisión.

O programa de actividades comeza o domingo día 30 coa subida dos santos da Igrexa a San Ramón e verbena co Grupo Montereal e Planet Disco Mobil. O luns 31 de agosto, festivo local, celebrarase a tradicional romaría con misas na honra de San Ramón a todas as horas e misa cantas ás 13.00 horas. Pola tarde haberá actuacións de grupos de baile e, pola noite, verbena con La Conexión e Elebe 2.0.

O martes e o mércores continúa o programa festivo con actos litúrxicos e verbena con Orquestra D’Noche e Grupo La Bamba e o mércores con orquestra Compostela e grupo Unión y Fuerza. Xa o xoves terá lugar a baixada dos santos á Igrexa e a verbena coas orquestras Marbella e Los Satélites.

Como peche final o domingo 6 de setembro será o san Ramonciño Pequeno.

Domingo 30 de agosto 

12.00h – Subida dos santos (procesión dende a Igrexa a San Ramón) 

12.30h – Misa solemne na honra de San Gregorio 

21.00h – Novena de San Ramón 

Pola noite verbena con Grupo Montreal e Planet Disco Mobil 

Luns 31 de agosto 

9, 10, 11 e 12h – Misas rezadas na honra de San Ramón 

13.00h – Misa cantada e sesión vermú 

19.30h – Grupos de baile 

19 e 21h – Misa despedida romeiros 

Pola noite verbena con La Conexión e Elebé 2.0

Martes 1 de setembro 

12.00h – Misa solemne na honra de San Roque 

Pola noite verbena con Orquestra D’Noche e Grupo La Bamba 

Mércores 2 de setembro 

12.00h – Misa solemne na honra da Virxe das Dores 

Pola noite verbena con orquestra Compostela e grupo Unión y Fuerza 

Xoves 3 de setembro 
12.00h – Misa solemne na honra da Virxe Milagrosa e baixada dos santos á Igrexa Parroquial 
Pola noite verbena coas orquestras Marbella e Los Satélites 

Domingo 6 de setembro 
12.00h – Misa solemne na honra de San Ramón Pequeno 

Grupo de gaitas Aires do Río Vello

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.