A Xunta inviste 190.000 euros na renovación da cuberta da lonxa de Portocubelo, en Carnota

27 Agosto 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 190.000 euros na renovación da cuberta do edificio da lonxa de Portocubelo, no concello de Carnota. Así o trasladou este mércores 26 de agosto a conselleira, Marta Villaverde, nunha visita ao edificio para comprobar os traballos executados.

Villaverde explicou que esta actuación “permite garantir a estanquidade interior do inmoble e mellora o seu illamento” e cunha solución técnica que “garante tamén unha ancoraxe específica para as placas solares das que dispón o edificio de modo que se mantén a súa actividade enerxética”. Ademais, destacou que “as obras mantiveron a imaxe orixinal do conxunto do edificio, de destacado valor arquitectónico”.

Salientou ademais que os traballos desenvolvéronse compatibilizando a obra co normal funcionamento da lonxa, de modo que non se viu interrompida a súa actividade. Ademais, a solución adoptada garante un mellor resultado e durabilidade en contornas mariñas de alta salinidade.

Con esta actuación, engadiu a conselleira, “melloramos as condicións de traballo dos profesionais que operan na lonxa de Portocubelo e damos resposta a unha demanda da confraría de pescadores de Lira, cuxa lonxa amosou en 2025 unha destacada recuperación na súa facturación e actividade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.