A Xunta e AGALCARI unen forzas pola carpintería de Ribeira en Galicia

24 Agosto 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI), Ramón Collazo, asinaron un convenio de colaboración para dinamizar, fomentar e recuperar a actividade da carpintería de ribeira e o patrimonio marítimo flotante galego ao longo do ano 2026. A través deste acordo, a Xunta achega 30.000 euros para apoiar ao sector nunha dobre vertente: a salvagarda da súa compoñente patrimonial e cultural —recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC) inmaterial— e o impulso da súa competitividade económica e tecnolóxica. Lembrar, para quen non o saiba, que Ramón Collazo é mestre carpinteiro de ribeira e profesional nos Estaleiros Catoira, con sede en Rianxo.

Villaverde puxo en valor o papel que desenvolve AGALCARI, entidade que agrupa ao 98 % das carpinterías de ribeira activas na comunidade e que sustenta arredor de 600 empregos directos e indirectos.

Tamén salientou a importancia de “defender un oficio cun gran arraigo histórico que hoxe aposta pola modernización, as técnicas combinadas e a madeira como material sostíbel, eficiente e ecolóxico na construción naval”.

Entre as principais actuacións financiadas ao abeiro do convenio destaca a execución da terceira fase do proxecto divulgativo Proceso construtivo dun barco de madeira, así como a organización dunha xornada técnica orientada á aplicación de novas técnicas combinadas no sector.

Así mesmo, o acordo contempla a reimpresión e reedición de obras técnicas de referencia para a formación e preservación do coñecemento tradicional, tales como Construción Naval en Madeira: do concepto ao gálibo, o Manual de novas técnicas combinadas na carpintaría de ribeira e O Sancosmeiro. A estas iniciativas súmase a participación en eventos especializados en patrimonio marítimo e accións de fomento das embarcacións tradicionais de madeira.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.