A Xunta de Galicia fai un chamamento ao consumo responsable de auga á vez que reforza as políticas de prevención e planificación

07 Agosto 2026

Un dos tesouros de Galicia é sen dúbida a súa riqueza hídrica, un patrimonio natural e de identidade da Comunidade que cómpre reivindicar e pór en valor, pero tamén preservar. En primeiro lugar porque non estamos a falar dun recurso ilimitado. Nun contexto de cambio climático, con episodios de seca cada vez máis frecuentes e prolongados, a Xunta, a través de Augas de Galicia, insiste na necesidade de facer un uso responsable da auga para garantir que siga sendo unha das grandes fortalezas de Galicia tamén no futuro.

Trátase dun chamamento e dun reto que ten vixencia en períodos de abundancia hídrica, pero tamén (e sobre todo) en cando deixa de chover. Seguindo este fío, o Goberno galego defende que aforrar auga non debe entenderse como unha medida puntual para momentos de escaseza, senón como un hábito cotián que contribúe a protexer un recurso esencial e, ao mesmo tempo, un dos principais sinais de identidade da comunidade.

Esa filosofía tradúcese en pequenos xestos que poden incorporarse con facilidade á vida diaria: ducharse en lugar de encher a bañeira, pechar a billa mentres se lavan os dentes, utilizar a lavadora e o lavalouzas só cando estean completos, reparar fugas de auga, instalar sistemas aforradores nos grifos, reutilizar a auga sempre que sexa posible ou regar nas primeiras ou últimas horas do día son accións sinxelas que, sumadas, teñen un impacto significativo sobre o consumo.

A implicación da cidadanía compleméntase co traballo que desenvolve a Xunta para reforzar a seguridade hídrica de Galicia. O Executivo autonómico conta cunha estratexia baseada na prevención e na anticipación, que inclúe o seguimento continuo do estado dos recursos hídricos, a planificación das actuacións necesarias antes de que aparezan problemas de abastecemento e a colaboración cos concellos para mellorar a eficiencia das redes municipais.

Neste escenario, Augas de Galicia impulsa investimentos destinados á modernización dos sistemas de abastecemento, á redución das perdas de auga nas redes, á súa dixitalización e á elaboración dos plans municipais de emerxencia fronte á seca. Ao mesmo tempo, desenvólvense actuacións para optimizar a xestión dos encoros de titularidade autonómica e ampliar o coñecemento sobre as reservas de augas subterráneas, reforzando así a capacidade de resposta ante posibles períodos de escaseza.

A mensaxe é a seguinte: preservar a riqueza hídrica de Galicia non depende unicamente das administracións nin das infraestruturas. Tamén require do compromiso de cada persoa. Porque cada litro que se aforra contribúe a protexer un recurso imprescindible para o abastecemento da poboación, para o desenvolvemento económico, para os ecosistemas e para a calidade de vida.

Nunha terra onde a auga forma parte da súa esencia, aforrala é tamén unha forma de conservar aquilo que nos define. En definitiva, coidar da nosa auga é coidar da nosa identidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.