A conselleira do Mar pon en valor o “peso estratéxico” de JEALSA na nosa cadea mar-industria

27 Agosto 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe as instalacións de JEALSA Corporación en Boiro, nun encontro no que foron abordados os principais proxectos que está a desenvolver a compañía para ampliar e modernizar a súa capacidade industrial.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e máis o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo unha reunión de traballo co presidente da entidade, Jesús M. Alonso Escurís, e outros responsábeis da empresa.

A conselleira puxo en valor “o papel de JEALSA como un dos referente da industria conserveira galega e española e como un dos grandes motores económicos da comarca do Barbanza”.

Engadiu que “as instalacións do Bodión xeran arredor de 1.200 empregos directos, mentres que o grupo conta con 3.600 profesionais e pechou 2025 cunha facturación récord”.

A conselleira destacou tamén o apoio da Xunta á consolidación da actividade de JEALSA en Boiro “a través da ampliación excepcional da súa concesión no porto de Bodión, autorizada por Portos de Galicia o pasado mes de novembro”. Esta medida, dixo, “permite á compañía manter a súa actividade neste espazo portuario ata xuño de 2067, achegando maior seguridade xurídica e favorecendo o mantemento e incremento do investimento e do emprego na comarca”.

Lembrou que a dita ampliación está vinculada ao compromiso investidor da compañía, que prevé destinar 8 millóns de euros nos vindeiros anos á modernización e ampliación das súas instalacións, incluída a mellora da eficiencia enerxética da nave principal, a construción dunha nova nave e a reconstrución doutra instalación industrial.

Durante o percorrido, Villaverde coñeceu tamén as actuacións vinculadas ao plan de investimento da compañía e os seus proxectos en materia de innovación, dixitalización, economía circular e sustentabilidade (programa WeSea), como exemplo da aposta da cadea mar-industria pola modernización e por modelos produtivos máis eficientes.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.