Xunta e Amicos alíanse para modernizar a atención á discapacidade cun investimento de preto de 600.000 euros

04 Xullo 2026

A conselleira Fabiola García e a presidenta da entidade, Esther Vidal, asinaron un convenio no Centro de Atención Integral de Boiro para incorporar tecnoloxía de vangarda, novos sistemas de rehabilitación e equipar a ampliación do Fogar Amicos

A tecnoloxía máis avanzada e a humanización dos coidados danse da man na comarca do Barbanza. A conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, Fabiola García, visitou este sábado o Centro de Atención Integral de Amicos para asinar un convenio de colaboración estratéxico que suporá un investimento próximo aos 600.000 euros en equipamento tecnolóxico, asistencial e rehabilitador.

O acordo, rubricado pola conselleira e pola presidenta de Amicos, Esther Vidal, nun acto no que tamén participaron membros da directiva, busca dar un salto cualitativo na atención diaria que reciben as persoas con discapacidade ou en situación de dependencia. O director xeral de Amicos, Xoán España, destacou durante o evento que «a innovación só ten sentido cando mellora a vida das persoas» e engadiu que este convenio permite incorporar tecnoloxía que «humaniza os coidados».

Equipamento para o Fogar e rehabilitación funcional avanzada

Esta inxección económica reforzará de xeito directo a autonomía e o benestar dos usuarios a través de dúas frontes fundamentais:

  • Ampliación do Fogar Amicos: Dotarase este espazo de camas articuladas, grúas e sistemas adaptados especificamente ás necesidades de apoio de cada persoa, co fin de ofrecer unha atención máis segura e cómoda durante as 24 horas do día.
  • Fisioterapia de vangarda: Renovaranse os espazos de rehabilitación con tecnoloxía especializada e sistemas de apoio á recuperación funcional, tales como cicloergómetros, equipos de magnetoterapia e electroterapia, e plataformas de adestramento cognitivo-motor.

Estimulación multisensorial e plena transformación dixital

Máis alá da área física, o proxecto contempla a renovación total das salas de estimulación multisensorial do propio CAI e do CEEPR. Estas melloras facilitarán intervencións individualizadas para potenciar a comunicación, a regulación sensorial e o desenvolvemento das capacidades dos usuarios.

O convenio tamén impulsa a transformación dixital interna de Amicos. A entidade modernizará as súas infraestruturas e os procesos de seguimento que empregan os profesionais. Para garantir un uso seguro e eficaz destas novas ferramentas, o equipo técnico contará cun plan específico de formación.

Por último, a incorporación de recursos dixitais como a impresión 3D e a creación audiovisual abrirá novos espazos de aprendizaxe e creatividade, ampliando as actividades de libre elección para as persoas que acoden ao centro.

Pola súa parte, a conselleira Fabiola García subliñou o firme compromiso do Goberno galego con este proceso, sinalando que o obxectivo da Xunta de Galicia é «mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, continuar avanzando e aplicando as novas tecnoloxías sen quedarnos nunca atrás».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.