Xoves 16, risco de chuvascos nas primeiras horas con nubes e claros o longo do día. Festivo local en Boiro, Muros, Noia, Rianxo, Ribeira e O Grove

15 Xullo 2026

Galicia continuará durante esta xornada do xoves 16, Día de Nosa Señora do Carme, festivo local en Boiro, Muros, Noia, Rianxo, Ribeira e O Grove, baixo a influencia das baixas presións situadas ao noroeste, o que manterá unha marcada inestabilidade atmosférica en toda a comunidade.

Segundo o prognóstico meteorolóxico, agárdanse ceos nubrados con chuvascos treboentos que poderán ir acompañados de sarabia a partir do mediodía. Con todo, os fenómenos máis intensos e frecuentes concentraranse na provincia de Lugo.

En Santiago e nas Rías Baixas o ambiente será predominantemente gris, con posibilidade de ballóns máis illados e de curta duración.

No que respecta aos termómetros, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, deixando un ambiente máis fresco nas horas centrais do día (máximas previstas de 25 graos). O vento soprará frouxo de compoñente sur en todo o litoral e o interior occidental.

A previsión apunta a que esta situación de inestabilidade comezará a remitir de forma progresiva de cara ás vindeiras xornadas, coa vista posta na fin de semana, cando se agarda o regreso do anticiclón.

meteogalicia

O noso mar; vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.