O Porto do Son volverá ser unha das localizacións dos Obradoiros de Verán de Taller Alecrín. A iniciativa consistirá en obradoiros gratuítos de baile social e linedance a ritmo de bachata, kizomba, chachachá, swing, disco, funky, etc.
No caso de Porto do Son, estes levaranse a cabo o mércores, 15 de xullo, na Casa da Cultura de Queiruga e o xoves, día 23, na Casa da Cultura de Portosín.
As sesións de linedance celebraranse de 20.30 a 21.30 horas, mentres que as de baile social levarnase a cabo en horario de 21.30 a 22.30 horas.
En ambos os casos requirirase inscrición previa a través do teléfono 698 150 432.





