Verbas no Maxín conmemora o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional

23 Xullo 2026

A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, e a técnica do Museo Valle-Inclán, Sara Barbanzán, presentaron na mañá deste xoves 23 de xullo o programa Verbas no Maxín, un ciclo de estío de teatro, música e títeres ao aire libre que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro para conmemorar o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional.

Durante a presentación, Patricia Lojo explicou que esta iniciativa nace “cun obxectivo moi claro: abrir aínda máis o museo á cidadanía e achegalo a novos públicos, especialmente a aquelas persoas que non teñen o costume de visitar este tipo de espazos”.

A concelleira sinalou que se trata dun programa de actividades escénicas que se desenvolverán en diferentes espazos públicos, “buscando que a cultura saia ao encontro da xente e que o museo continúe sendo un lugar vivo, dinámico e aberto”.

Así mesmo, destacou que esta programación contribuirá a dar máis visibilidade ao Museo Valle-Inclán e ao importante traballo que se desenvolve nel, reforzando a súa presenza nos medios de comunicación, nas redes sociais e mediante a difusión que se realizará desde a Área de Cultura.

Tres propostas para o verán

O ciclo comezará o venres 24 de xullo, ás 12.30 horas, co roteiro teatralizado Los blasones de Viana del Prior. Visita dramatizada en A Pobra por los mundos de Valle-Inclán, a cargo do actor e guionista Suso Martínez. O punto de encontro será o Cantón da Leña.

A segunda cita celebrarase o sábado 22 de agosto, ás 12.30 horas, coa representación de A cabeza do dragón, da compañía Títeres Cachirulo, unha farsa infantil de Valle-Inclán con monicreques de Carmen Domech e dirección de Jorge Rey. A actividade desenvolverase na Alameda Xardíns de Valle-Inclán.

O ciclo rematará o sábado 12 de setembro, ás 12.30 horas, co roteiro teatralizado Tourné: A vila na que pariu marabillas. Espazos Valleinclanianos, da compañía Teatro En Punto (TEP). A proposta contará coa dirección de Gloria Rico Galán, coa participación das actrices Gloria Rico e Nuria Sanz e coa música en directo de Sabela Dacal. O punto de encontro será a Alameda Xardíns de Valle-Inclán.

Para rematar, Patricia Lojo agradeceu a todas as persoas que fan posible esta programación e convidou á veciñanza e tamén a quen visite A Pobra durante estas semanas a participar e gozar destas propostas culturais, amosándose convencida de que terán unha excelente acollida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.