Unha festa na praia de Tanxil (Rock in Rian) pon o ramo este sábado á nova edición de Viladomar

10 Xullo 2026

A primeira Festa na Praia organizada polo Festival Rock in Rian celébrase este sábado 11 de xullo de 2026 no areal de Tanxil (Rianxo). Esta xornada serve como o evento de clausura do programa cultural Viladomar e como antesala do propio festival Rock in Rian, unha cita imprescindíbel coa música no Barbanza.

Será en palabras da organización “unha xornada completa con actividades gratuítas á beira do mar pensadas para todos os públicos”.

O acceso será libre e de balde ao longo de todo o día, aínda que algunhas actividades específicas de Viladomar, como o paseo en barco ou o roteiro teatralizado, requiren inscrición previa na súa ligazón oficial.

O programa da Festa na Praia inclúe unha sesión vermú e un torneo de fútbol o para ir quecendo motores: O Mundial de Tanxil.

Logo haberá “moita música” dende a tarde da man de DJ Loourx, Curi & Soundivan e Matta.

A axenda inclúe cócteis, música en directo, torneos, roteiros teatralizados e un paseo en barco.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.