Tempo estable o mércores 29 pero coa entrada de nubes baixas e néboas pola costa

28 Xullo 2026

A comunidade continuará este mércores 29, Santa Marta e San Lázaro, baixo a influencia das altas presións, aínda que a entrada de vento de compoñente oeste achegará unha gran cantidade de humidade desde o mar, en forma de brétemas e néboas costeiras.

A xornada caracterizarase por ceos moi despexados no interior, mentres que todo o litoral atlántico amoreará néboas e nubes baixas durante a mañá. Ya pola tarde, esta cobertura nubosa irá remitindo e quedará restrinxida principalmente ao terzo norte do territorio.

En canto ás temperaturas, agárdase un descenso de lixeiro a moderado, que se fará notar con maior intensidade na metade norte e no oeste da Comunidade (26 graos na costab e 30 no interior). Os ventos soprarán de compoñente oeste-noroeste, sendo en xeral frouxos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...