Rueda visita no Son ao beneficiario nº 40.000 do Bono Coidado no Fogar

14 Xullo 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este martes 14 de xullo que “Galicia vén de acadar os 40.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar”, unha medida pioneira posta en marcha pola Xunta e única en España que sitúa a Galicia como un referente na atención á dependencia, e resaltou que desde o Goberno galego “queremos seguir coidando a xente que necesita coidados da mellor maneira, como merecen, e dunha maneira responsable”, sinalou logo de visitar no seu domicilio do concello do Porto do Son ao beneficiario número 40.000 desta axuda universal, que permite que as persoas dependentes poidan recibir coidados no seu fogar. O obxectivo, como indicou o presidente, “é chegar a 50.000 beneficiarios antes do final da lexislatura”.

A Xunta impulsou esta axuda pioneira no 2024 para facilitar a atención das persoas dependentes na súa contorna, podendo ser atendidas polos seus achegados. Deste xeito, concédeselles de xeito universal, con independencia do nivel de renda e grao de dependencia, unha achega económica de 5.000 euros ao ano.

Rueda lembrou que “esta medida forma parte do compromiso da Xunta coa atención á dependencia e cun modelo de coidados centrado na liberdade e que facilita que os maiores poidan escoller onde e como ser coidados”. Destacou tamén que Galicia “é unha das comunidades autónomas líderes na ratio de atención, con máis de 97.000 persoas recibindo algún servizo ou prestación”. E engadiu: “Queremos seguir axudando aos dependentes e ás súas familias; necesítano, é a nosa obriga”, rematou o presidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.