Pablo Pereira Montesdeoca gaña a XXI edición do Premio Castelao de Banda Deseñada

24 Xullo 2026

Pablo Pereira Montesdeoca proclamouse gañador da XXI edición do Premio Castelao de Banda Deseñada co proxecto titulado A cerimonia do Limiar, outorgado pola Deputación da Coruña na modalidade xeral. A resolución tomouse tras a valoración do xurado entre un total de 19 obras presentadas nesta convocatoria, destacando “a altísima calidade visual da proposta gañadora”.

O xurado puxo especial valor “na calidade gráfica, no manexo da cor e no dominio da linguaxe audiovisual da obra gañadora”. Así mesmo, salientou que “se trata dunha reinterpretación moi interesante do horror rural galego cun uso da cor moi atinado para representar a fantasía e a maxia que envolve todo o relato”.

A deputada de Cultura, Natividade González, felicitou ao autor e destacou o compromiso da institución provincial co sector, subliñando que “a obra de Pablo Pereira demostra o enorme talento e a madurez narrativa que posúe a banda deseñada na nosa terra, capaz de reinventar o xénero do horror rural desde unha perspectiva visualmente fascinante e orixinal. O Premio Castelao segue a ser un impulso imprescindíbel para fortalecer a nosa creación cultural e dar visibilidade ao traballo de grandes profesionais do sector”.

O órgano avaliador desta vixésima primeira edición estivo presidido pola propia deputada de Cultura, Natividade González, e contou coa participación de Bea Gregores, María Brenn e as persoas gañadoras da última edición do certame: Giovanna Lopalco, Elías Taño e Manuel Barreiro.

No transcurso da xornada de deliberación, o xurado examinou tamén as propostas remitidas para a modalidade Infantil e Xuvenil, acordando por unanimidade deixar deserta dita categoría por considerar que ningunha das obras presentadas acadaba a calidade suficiente para obter o galardón provincial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.