Os días 8 e 9 de agosto celébrase a XXXII edición da Feira do Polbo do Porto do Son

29 Xullo 2026

A fin de semana do 8 e 9 de agosto celebrarase a XXXII Feira do Polbo do Porto do Son, unha cita gastronómica e festiva que logra acoller a unha gran multitude de público e que xira en torno a este prezado produto. A programación, que se prolonga durante dúas xornadas, recolle a tradicional andaina do polbo, música en directo e, por suposto, a desgustación do cefalópodo. Organiza o Concello do Son.

8 de agosto

23K – Andaina do Polbo. As persoas participantes deberán estar na fachada marítima ás 08:00 horas para coller un autobús ata Boiro e percorrer os 23 quilómetros que compoñen este roteiro de dificultade moi alta.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico osoncamina@gmail.com, por un prezo de 10 euros. Para máis información, poden chamar ao 981 767 589.

Trécola. Alborada pola vila de Porto do Son.

Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso produto na Pulpeira Veloso.

Os tristes. Espectáculo de música e humor dos artistas galegos Federico Pérez e Marcos Pereiros. Terá lugar na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 13:30 horas.

Paco de Leña. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 21:00 horas.

DJ Chocholate. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 23:00 horas.

9 de agosto

Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso produto na Pulpeira Veloso.

Charanga MIL9. Sesión vermú na zona da feira.

BMT Suevia. Terá lugar na Praza de España a partir das 22:00 h.

Grupo de baile Anduriña. Terá lugar na Praza de España a partir das 22:45 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.