O sol e a calor instálanse nas Rías Baixas e en Compostela no arranque da semana

26 Xullo 2026

A canícula traénos unha semana de sol e calor en Galicia co ascenso xeralizado das temperaturas

Galicia inicia l luns 27, baixo unha clara influencia anticiclónica que deixará un tempo marcadamente estival, con ceos despexados e un acusado ascenso das temperaturas que se fará notar de forma especial na franxa atlántica e nas comarcas do sur.

A presenza das altas presións situadas sobre as Azores garante xornadas de sol e estabilidade, aínda que coas habituais matizacións do clima atlántico a primeiras horas da mañá.

Rías Baixas: días de praia con marcadas temperaturas

Nas Rías Baixas o escenario será plenamente de verán. Apenas se rexistrarán algunhas néboas costeiras moi mornas ao amencer que darán paso axiña a un sol radiante.

Mentres que na liña de praia as temperaturas serás máis suaves pola brisa mariña —con máximas arredor dos 33 °C a 35 °C. O vento de nordés soprará con intensidade moderada no litoral, aliviando a calor a orilla do mar.

Santiago: ceos limpos e máximas a rozar os 30 graos

Na capital galega, a semana arranca con algunha néboa matinal e brumas pasaxeiras que se irán disipando a medida que avance a mañá. A partir do medio día, o sol será o claro protagonista nun ceo que permanecerá practicamente despexado.

O mercurio experimentará un ascenso notable, con máximas que se situarán entre os 31 °C e os 33 °C, mentres que as nocturnas mantéñense en valores agradables, contornando os 15 °C. O vento soprará frouxo de compoñente norte-nordés, deixando unha sensación térmica moi agarimosa durante a tarde.

Ante o incremento das temperaturas e ceos sen nubes, a radiación solar acadará niveis moi elevados (Índice UV 8-9), polo que se recomenda extremar a protección e evitar a exposición directa ao sol nas horas centrais da xornada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...