O Pleno de Santiago aproba por unanimidade os festivos locais de 2027: a Ascensión e San Roque

21 Xullo 2026

O Pleno do Concello de Santiago aprobou na súa sesión ordinaria do mes de xullo os dous festivos locais para o ano 2027. O xoves 6 de maio (Día da Ascensión) e o luns 16 de agosto (San Roque) serán as dúas xornadas festivas retribuídas e non recuperables elixidas para a capital galega.

A proposta saíu adiante co respaldo unánime de todas as forzas políticas da corporación (BNG, Compostela Aberta, PP, PSOE e concelleiros non adscritos), tal e como establece a normativa laboral vixente.

Un calendario de 14 días xa pechado

Con esta decisión municipal completase o calendario laboral de Santiago para 2027, sumándose ás fechadas fixadas pola Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia (DOG):

  • San Xosé e Letras Galegas: A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración determinou como festivos autonómicos propios o 19 de marzo (San José) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas).
  • Axustes no calendario: Ao coincidir en domingo dúas datas clave —o 15 de agosto (A Asunción) e o 25 de xullo (Día Nacional de Galicia)—, o Goberno galego optou por substituílas e incorporar o 17 de maio e o 19 de marzo respectivamente.

En total, Compostela contará en 2027 coas 14 xornadas festivas regulamentarias: nove de carácter estatal, tres autonómicas e as dúas locais recentemente aprobadas polo Pleno municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.