Noia instala un punto informativo permanente na Oficina do Peregrino de Porto

03 Xullo 2026

O Concello de Noia vén de instalar (co inicio deste mes de xullo) un punto informativo permanente na Oficina do Peregrino de Porto, un dos espazos de referencia para as persoas que inician o Camiño Portugués cara a Santiago.

O Concello explicou que neste novo espazo, as persoas peregrinas poderán descubrir o Camiño da Ría de Muros Noia, a Volta de Gloria e os principais atractivos turísticos da nosa vila a través de vídeos, mapas, guías e material divulgativo.

Dende o Consistorio engadiron que “cunha afluencia de arredor de 9.000 peregrinos ao mes e máis de 1 millón de visitas mensuais na súa oficina virtual, a Oficina do Peregrino de Porto convértese nun escaparate estratéxico para seguir impulsando a internacionalización de Noia e consolidar o Camiño da Ría de Muros Noia como unha das grandes portas de entrada á nosa vila”.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.