Neira Vilas será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2027

07 Xullo 2026

O escritor Xosé Neira Vilas, falecido en 2025, será a figura homenaxeada na vindeira edición (2027) do Día das Letras Galegas, segundo avanzan medios de comunicación como La Voz de Galicia, adiantándose deste xeito á confirmación oficial por parte da Real Academia Galega.

Segundo avanzan dende a RAG, trátase dunha figura literaria e humana de consenso, un talento indiscutíbel “cunha traxectoria que abrangue moitas vidas nunha soa”.

Neira Vilas é o autor de Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis lido e traducido de toda a historia da literatura galega, cuxo protagonista (Balbino) é un dos grandes símbolos universais xurdidos dende as nosas letras. Neira Vilas, natural de Gres (Vila de Cruces) tamén achegou obras tan destacadas como Cartas a Lelo, Aqueles anos de Moncho ou O cabaliño de Buxo.

O recoñecemento a Xosé Neira Vilas xorde “dun consenso total” en parte pola gran calidade da súa obra, e tamén pola vixencia da mesma e a súa fonda dimensión humana. Tamén se tivo en conta a gran popularidade que segue a ter o seu legado entre lectores de todas as idades, un legado que indaga nunha das grandes cuestións sociais do noso tempo: a emigración.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.