Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

20 Xullo 2026

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época.

As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras

No litoral atlántico, a xornada comezará coa presenza de brétemas costeiras que poderían cubrir os primeiros compases do día. A boa noticia para os que queiran gozar da praia é que estas néboas iranse retirando cara ó mar a medida que avance a mañá, deixando unha tarde de ceos despexados e sol en todas as Rías Baixas. Iso si, de cara á noite prevese que a brétema volva entrar dende o mar cara á costa.

Ao igual que no resto do territorio, as temperaturas máximas subirán lixeiramente e o vento soprará frouxo en xeral, manténdose a tónica de tempo pracenteiro e estival. (máximas previstas de 28 graos).

Santiago de Compostela: ceos despexados tras as néboas matinais

Na contorna de Santiago e o interior da provincia, o día pode espertar con algún banco de néboa matinal moi illado. Con todo, estes desfaranse rapidamente para dar paso a un tempo completamente seco e solleiro durante o resto do día.

No termómetro, as temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos (polo que a noite e a primeira hora serán frescas), mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, deixando un ambiente moi agradable nas horas centrais da xornada. Os ventos na capital serán frouxos e de dirección variable. (máximas de 30 graos).

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...