Galicia mantén a inestabilidade o domingo cun acusado descenso das temperaturas

11 Xullo 2026

Ceos de alternancia coa formación de chuvascos treboentos, que serán máis probables na provincia de Lugo.

Galicia non abandonará a inestabilidade atmosférica de cara a este domingo 12, Santa Verónica. Despois dunha xornada marcada polas intensas tormentas eléctricas, o mapa meteorolóxico da comunidade seguirá condicionado por unha forte volatilidade que afectará tanto ao estado do ceo como aos termómetros.

Agárdase un domingo de ceos con alternancia de nubes e claros. Porén, a medida que avance a xornada iranse formando nubes de evolución que darán lugar a chuvascos de carácter treboento. Estas tormentas afectarán de xeito máis probable e intenso á provincia de Lugo, aínda que non se descartan noutros puntos do interior.

Caída notable dos termómetros e vento en aumento

O cambio máis significativo deste domingo notarase no ambiente. Tras os episodios de calor e bochorno das últimas horas, as temperaturas experimentarán un descenso entre moderado e notable en toda a comunidade, aliviando os valores máximos de xeito xeneralizado.(máximas de 24 a 25 graos).

En canto ao réxime de ventos, prevese que sopren frouxos de compoñente suroeste durante a mañá. Con todo, a situación complicarase no mar a partir da tarde, cando o vento rolará a moderado en todo o litoral atlántico, aumentando o malestar marítimo nas vindeiras horas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.