Comezará a semana nunha situación de tempo revolto o que condicionará o estado nas vindeiras xornadas.
Ceos variables e risco de precipitacións febles
O luns 13, San Enrique, teremos ceos parcialmente nubrados en gran parte do territorio. No que respecta ás choivas, agárdanse precipitacións febles e intermitentes no litoral atlántico, mentres que de cara á tarde non se descarta a formación de algún chuvasco illado e estritamente ocasional nas zonas do interior.
Temperaturas á baixa e ventos do sur
No apartado térmico, agárdase que os termómetros sufran un lixeiro descenso xeral na maioría das localidades, aliviando levemente os valores dos últimos días. (máximas de 23 a 25 graos).
Pola súa banda, os ventos soprarán frouxos en xeral e de compoñente sur. Con todo, a situación na costa será un pouco máis intensa, agardándose algún intervalo de intensidade moderada no litoral oeste da comunidade.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sueste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.



