Este xoves arrincan as Festas de Taragoña

23 Xullo 2026

O Concello de Rianxo estivo a desenvolver estes días labores de adecuación na área recreativa de Campo Maneiro e no seu entorno, unha zona que esta semana acollerá tres intensos días de verbena e á que se achegarán centos de persoas para desfrutar da festa: as Festas de Taragoña 2026.

As Festas do Verán de Taragoña 2026 (Rianxo) celébranse dende este xoves 23 ata o domingo 26 de xullo no Campo Maneiro e no Campo de Pazos. A axenda inclúe actuacións musicais moi relevantes da man de DJ Kiko Rivera, da orquestra Gran Parada e do grupo Alaska.

Este xoves actúan (na verbena nocturna) Panorama City e orquestra Cinema. Completan o cartel Juan do Tractor, a Charanga Furruxa, Buxaina e Os Pequenos do Barbansa.

O venres será a quenda de Gran Parada e Dirty Suc. Haberá sesión DJ con Kid Mount, Xmaseda, Lil $am, Collazo e DJ Carlos López. Tamén actuarán Rockolas, Mínimo Eventos, Os Jaitas Blue e novamente Os Pequenos do Barbansa.

O sábado actuarán DJ Kiko Rivera e o galego Ortiga, xunto coa Charleston Big Band e DJ Pitty.

Ao mediodía haberá o tradicional xantar popular no Campo de Pazos e pola tarde xogos para a rapazada (Infantilandia).

O domingo será a quenda do grupo de folc Alaska. Previamente haberá misa e procesión.

Máis información no Facebook das Festas de Taragoña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.