Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

10 Xullo 2026

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite.

A festa comezará a primeira hora coas dianas e alboradas a cargo da Agrupación Folclórica Os Salgueiriños e proseguirá cunha sesión vermú a cargo do Grupo M-5 Galicia.

Ao mesmo tempo estará aberta unha carpa para desfrutar de polbo e churrasco a prezos populares.

Pola tarde a partir das 17.00 horas haberá xogos para a rapazada: inchábeis con auga e posteriormente unha festa da escuma (de 19.30 a 20.30 horas).

Polo serán, a partir das 21.00 horas, actuará o Grupo Mirando Flores.

Pola noite ás 22.30 horas volverá actuar o Grupo M-5 Galicia.

Ao rematar haberá unha actuación de Disco Chocolate.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.