Corte nos ramais do enlace de Urdilde en Rois (sentido Santiago) para permitir o avance da autovía Brión-Noia

04 Xullo 2026

As obras de conversión en autovía da vía de altas prestación Brión-Noia (CG-1.5) fará preciso a partir deste vindeiro luns, día 6, o corte dos ramais do enlace de Urdilde, no concello de Rois, en sentido Santiago. En concreto, Trátase de avanzar nos traballos necesarios no treito de 4,9 quilómetros, entre Brión e o enlace de Urdilde, aos que a Xunta destina un investimento dos 11,2 M€.

O obxectivo desta parte da obra é modificar os ramais existentes da CG-1.5 para adaptalos á nova configuración da autovía. Para iso, deberán demolerse os tramos iniciais dos ramais actuais.

A programación inicial estimada dos novos traballos estenderase desde o luns 6 de xullo ao vindeiro 24 de agosto, período durante o que deberán permanecer pechados os ramais do enlace de Urdilde da calzada esquerda, entre os puntos quilométricos 14+720 e 15+340, sentido Santiago.

Durante a execución desta intervención, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través dos itinerarios alternativos indicados. Neste caso, a distancia para percorrer e a duración do traxecto con respecto ao itinerario actual non se verán afectados.

Os desvíos
Para o ramal de acceso ao enlace de Urdilde, o tráfico desviarase pola saída 19, correspondente ao enlace de Martelo, situado no punto 19+100, aproximadamente 4 km antes do enlace de Urdilde, continuando posteriormente pola AC-543:

Para o ramal de saída do enlace de Urdilde cara á CG-1.5, o tráfico deberá continuar pola AC-543 ata a saída da avenida dos Ánxeles, correspondente á AC-451, para incorporarse posteriormente á autovía.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.