A Xunta de Galicia iniciou na mañá deste luns 13 de xullo os traballos de mellora do firme na AC-543 tras a solicitude do Concello de Noia
Durante a xornada, a Xunta de Galicia realizou traballos de mellora do firme en distintos puntos da AC-543 ao seu paso por Noia, unha actuación que se desenvolverá ao longo dos vindeiros días.
Esta intervención responde á solicitude trasladada polo Concello de Noia para actuar nos treitos que presentaban un maior deterioro, co obxectivo de mellorar a seguridade e as condicións de circulación nesta importante vía.
“Queremos agradecer á Xunta de Galicia a atención desta petición e a execución dunha actuación que contribuirá a mellorar unha das principais vías autonómicas na nosa vila”, sinalou o equipo do Concello, ao tempo que lembrou que “seguiremos trasladando ás distintas administracións as necesidades do municipio e traballando para conseguir novas melloras para Noia”.




