As Amas de Casa de Ribeira denuncian o “bloqueo político” ao recoñecemento de Magdalena Bringas

11 Xullo 2026

Nun comunicado a Asociación Amas de Casa e Aires de Dorna de Ribeira desexa trasladar á cidadanía e aos cidadáns a súa profunda decepción pola situación na que se atopa a solicitude presentada para que unha rúa, praza ou calquera outro espazo público do noso municipio leve o nome de Dona Magdalena Bringas, presidenta fundadora da nosa Asociación e Filla Adoptiva de Ribeira.

A asociación lamenta que a proposta para dedicarlle unha rúa ou praza á súa presidenta fundadora siga paralizada tras máis de tres anos de espera.
A Asociación Amas de Casa e Aires de Dde de Ribeira fixo pública a súa “profunda decepción” ante a parálise institucional que sofre a solicitude para que un espazo público do municipio leve o nome de D.ª Madalena Bringas, presidenta fundadora do colectivo e Filla Adoptiva de Ribeira.

A petición foi rexistrada de forma oficial no Concello o 8 de febreiro de 2023. Con todo, a entidade lamenta que, a día de hoxe, a iniciativa aínda non fose elevada ao Pleno da Corporación municipal para o seu debate e aprobación.

Falta de consenso na corporación
Segundo explica a actual xunta directiva da asociación —que conta con máis de 1.100 socias—, mantivéronse múltiples conversas persoais e telefónicas cos distintos grupos políticos para solicitar apoios.

A pesar destes esforzos, o colectivo sinala directamente a falta de respaldo de varias forzas políticas como o motivo do bloqueo:

Así a día de hoxe a iniciativa aínda non foi levada a Pleno, ao non contar cunha resposta favorable por parte dos grupos municipais do BNG e do PSdeG-PSOE, circunstancia á que tamén se suma a falta de apoio do concelleiro non adscrito.

“Cremos que o recoñecemento a persoas que contribuíron de forma extraordinaria ao progreso da nosa vila debería situarse por encima de calquera diferenza política”, manifestan desde a asociación, insistindo en que a petición transcende as siglas dos partidos.

Un legado dedicado a Ribeira
Desde a Asociación Amas de Casa e Aires de Dorna lembran que Madalena Bringas dedicou décadas de traballo desinteresado ao municipio, impulsando de forma pioneira o asociacionismo feminino e promovendo actividades culturais, sociais e educativas. Así mesmo, destacan o seu papel fundamental na exaltación e difusión do baile e a música tradicional galega, uns méritos que no seu día xa a fixeron valedora do título de Filla Adoptiva de Ribeira.

Por todo iso, o colectivo reitera a súa petición ao Concello de Ribeira para que a proposta sexa incluída na orde do día do Pleno municipal. As Amas de Casa confían en que se logre o consenso necesario para “facer xustiza coa memoria e o legado” dunha figura clave na historia social da localidade.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.