Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

10 Xullo 2026

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña.

Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a primeira hora da tarde de mañá. Agárdanse treboadas que poderían ir acompañadas de fortes refachos de vento e saraiba, con acumulacións de auga que poden chegar aos 30 mm nunha soa hora.

meteogalicia

A xornada do sábado 12 de xullo, San Bieto, comezará nas Rías Baixas con néboas costeiras e as nubes baixas que serán as protagonistas durante as primeiras horas do día, deixando un ambiente húmido e ceos pechados que irán abrindo claros a medida que avance a mañá. Pola contra, nas zonas de interior e en cidades como Santiago de Compostela, os bancos de néboa matinais darán paso rapidamente a unha mañá de ceos alternando nubes e claros.

Tarde de treboadas localmente fortes

O cambio máis brusco chegará a partir do mediodía. A inestabilidade atmosférica provocará o crecemento de nubes de evolución que, de cara á tarde, descargarán chuvascos treboentos. Segundo a previsión, estas tormentas serán de intensidade localmente forte e acompañadas de aparato eléctrico, sendo moito máis probables e intensas nas zonas do centro e norte da comunidade autónoma.

En Santiago, o risco de sufrir un ballón forte a partir do serán é elevado, mentres que nas Rías Baixas o tempo manterase máis estable na franxa costeira, aínda que non se descartan treboadas illadas cara ao interior da provincia de Pontevedra.

Temperaturas suaves e ventos do norte

No tocante aos termómetros, non se agardan grandes cambios. As temperaturas mínimas manteranse sen novidades e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, acadando valores suaves que roldarán os 28°C ou 30°C en Compostela e que poderían rozar os 28°C nos puntos das Rías Baixas onde a néboa teña menor persistencia.

Os ventos soprarán en xeral frouxos de compoñente norte-noroeste en todo o territorio, coa única excepción do norte de Lugo, concretamente na zona de Bares, onde se agardan refachos moderados.

O noso mar: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.