A antiga nave de salgadura de Sálvora converterase no novo centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas

26 Xullo 2026

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este sábado 25 de xullo de 2026 a Resolución do 13 de xullo do Organismo Autónomo Parques Nacionais, pola que se oficializa a adenda de modificación do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. Esta actualización permite reaxustar as anualidades e asegurar os investimentos destinados á rehabilitación e dotación da antiga nave de salgadura da illa de Sálvora, co fin de transformala no novo centro de visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A actuación inscríbese no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con fondos europeos NextGenerationEU, e supón un paso definitivo para a posta en valor do patrimonio histórico e a mellora da atención ao público no arquipélago.

Recuperación do patrimonio e atención ao visitante

O proxecto ten como obxectivo acondicionar a emblemática nave de salga —un dos elementos arquitectónicos máis senlleiros do pasado industrial e pesqueiro de Sálvora— para dotala de recursos divulgativos, interpretativos e loxísticos. Coa súa reforma, o inmoble cumprirá unha dobre función:

  • Punto de recepción e información: Mellorar a experiencia das persoas que visitan a illa, ofrecendo contidos sobre a riqueza biolóxica e a conservación do ecosistema mariño-terrestre.
  • Preservación do patrimonio cultural: Dar un uso público e sostible a unha construción histórica para evitar a súa deterioración.

Reprogramación e impulso dos fondos europeos

A adenda asinada polo Organismo Autónomo Parques Nacionais (dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico) e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia reordena a execución do orzamento —cun importe global de 2,6 millóns de euros por parte de Parques Nacionais— para concentrar as cantidades non executadas no exercicio 2026 e garantir a correcta finalización das obras.

Con este acordo reforza-se a cooperación entre a Administración xeral do Estado e o goberno galego para a xestión conxunta do único parque nacional da comunidade.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...