Venres 5 con néboas e ceos cubertos nas Rías Baixas e Santiago antes da chegada da chuvia cara a noite

04 Xuño 2026

Galicia quedará este venres 5 baixo a influencia dunha borrasca situada ao norte da comunidade, en desprazamento cara a Irlanda. Esta situación deixará unha xornada de transición, con presenza de néboas matinais en comarcas do interior e ceos cubertos por abundantes nubes medias e altas ao longo do día.

Co avance do día, o tempo irá inestabilizándose progresivamente. As primeiras chuvias farán acto de presenza durante a noite, estendéndose de forma xeneralizada a todo o territorio galego na madrugada do sábado.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas experimentarán un moderado descenso, mentres que as máximas tenderán a subir de maneira lixeira a moderada. En canto ao vento, soprará do sur-suroeste con intensidade moderada, incrementándose ata intervalos fortes no litoral noroeste durante a segunda metade do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.